Coa utilización da biomasa para aproveitamento térmico e eléctrico, ábrese un novo mercado para uns produtos forestais que, anteriormente, tiñan moi poucas saídas comerciais.

De aí a presentación deste novo servizo, consistente no quebrado de madeira para produción de biomasa, tanto con fendedora de martelos coma de coitelas (dependendo do uso comercial que se lle queira dar ao produto), podendo recepcionar a biomasa tanto en planta (cóntanse con dúas, unha situada en Vigo e outra en Ponteareas) como tamén desprazarse para quebrala en parques ou pistas do propio monte.