Nestes momentos existe unha gran necesidade de puntos de baleirado de terras procedentes de desterres e escavacións. Ao mesmo tempo, nos montes veciñais do sur de Pontevedra pódense encontrar un gran número de puntos onde é necesaria unha rexeneración do terreo, xa sexa pola existencia previa dunha canteira ou porque o chan perdese gran cantidade de nutrientes e estea degradado. A procura da mellora das dúas situacións crea unhas sinerxías que é necesario aproveitar. Xestión Galega Sostible está a deseñar unha rede que permita, o día de mañá, que exista un punto de depósito de terras a menos de 10 quilómetros de calquera obra que se realice no sur de Pontevedra.

Con iso teranse alcanzado dous obxectivos:

  • Dar cobertura loxística ás empresas de transporte e escavación.
  • Rexenerar unha parcela degradada que pode ter un uso forestal ou social.
  • Intentar que a propiedade poida obter unhas rendas que lle poidan permitir a reforestación e mantemento da súa masa forestal.